Habitaq Estratexias | Os nosos ámbitos de traballo céntranse no medio ambiente e a biodiversidade, o desenvolvemento local, a cooperación ao desenvolvemento e o turismo.
14869
home,page-template,page-template-full_width,page-template-full_width-php,page,page-id-14869,ajax_fade,page_not_loaded,,qode-title-hidden,qode-child-theme-ver-1.0.0,qode-theme-ver-9.4.1,wpb-js-composer js-comp-ver-4.12,vc_responsive

Medio Ambiente

Biodiversidade e ecoloxía aplicada, seguimento de fauna e flora, estudos e seguimentos ambientais, programas de sostibilidade, axendas 21 locais, divulgación.

Turismo

Bioturismo, planificación estratéxica, dinamización, deseño de produtos turísticos, avaliación de políticas turísticas, formación, deseño de roteiros

Desenvolvemento

Plans de desenvolvemento, estudos socio-económicos, medición do impacto económico e social, procesos participativos, cooperación ao desenvolvemento

Birding and Nature

Coñece a natureza da nosa man: turismo ornitolóxico, interpretación ambiental, roteiros guiados

Habitaq Estratexias

Habitaq Estratexias é unha empresa de consultoría formada por un grupo heteroxéneo e multidisciplinar de profesionais que iniciamos a nosa andaina en 1999. Estamos centrados en ofrecer servizos á medida dos nosos clientes, facendo de cada un dos traballos un labor de artesanía; fuximos de ofertar servizos estandard para realidades complexas e únicas.

Acollemos en cada ocasión un número limitado de proxectos. Os nosos coñecementos, a visión estratéxica, o enfoque integral, a creatividade e a participación cidadá son algunhas das nosas ferramentas máis valiosas.

Somos pioneiros en Galicia na integración da perspectiva económica, ambiental e social.

Por que escoller Habitaq Estratexias ?

Experiencia

Ducias de proxectos e máis de dúas décadas de traballo fannos contar coa solvencia necesaria para afrontar con garantías os desafíos que se nos poidan presentar

Equipo de traballo

Contamos cun equipo multidisciplinar de colaboradores comprometidos e con experiencia para desempeñar diferentes tarefas con éxito

Especialización

Involucrámonos nun número limitado de proxectos nas áreas que coñecemos ben. Para nós é importante responder con fiabilidade nos ámbitos e proxectos nos que traballamos

Compromiso

Dicimos de nós que facemos consultoría artesanal pois cada proxecto é único e require aproximacións personalizadas. O compromiso co medio ambiente non é unha frase feita, simplemente define o que somos.

Os nosos eixos de traballo

Somos especialistas

Medioambiente
100%
Turismo
100%
Sostenibilidade
100%

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies