Habitaq Estratexias | Aves e natureza
507
page-template-default,page,page-id-507,ajax_fade,page_not_loaded,,qode-child-theme-ver-1.0.0,qode-theme-ver-9.4.1,wpb-js-composer js-comp-ver-4.12,vc_responsive
 

Aves e natureza

acenizo_enherbaEn HabitaQ contamos cunha ampla experiencia no campo para a realización de viaxes de observación da natureza en xeral e especialmente aves e flora.

Tratamos de non ofrecer produtos estándar, por iso organizamos tours de observación da natureza e, sobre todo, de aves, facendo énfase nas especies que se desexan ver. En definitiva, dinos que queres ver e nós amosarémoscho.

thumb_DSCN5538_1024Creamos e guiamos viaxes para individuos ou pequenos grupos. A nosa especialidade é  Galicia así como o resto do noroeste ibérico: Cordilleira Cantábrica e Meseta Norte, sen esquecer outras áreas da Península como Extremadura, Serra Morena e Doñana, xa en Andalucía. Ver mapa

Comprometidos coa conservación da natureza dende anos, traballamos activamente en diversas asociacións conservacionistas a nivel global e local. A observación da vida salvaxe contribúe ao seu coñecemento e aprezo, polo que é unha boa ferramenta de conservación que proporciona recursos adicionais no rural. Así, as nosas actividades teñen todas as garantías éticas de observación de flora e fauna silvestres.

_DSC4227_641Como un exemplo da nosa experiencia na observación da fauna silvestre, Turgalicia encomendounos a organización do turismo ornitolóxico en Galicia, onde definimos máis de 60 lugares de observación con rutas diferentes e cada un deles. Tamén elaboramos a lista patrón das aves de Galicia.

Tamén organizamos cursos sobre aves e natureza para diferentes públicos e niveis baixo demanda. Normalmente en fins de semana, inclúen formación teórica e prácticas de campo a pequenos grupos.

Algúns dos cursos que ofrecemos son:

  • Identificación de aves (varios niveis)
  • Identificación de Rapaces
  • Identificación de aves acuáticas
  • Identificación de aves mariñas
  • Aves de Galicia
  • Recoñecemento pegadas e sinais.
  • Fototrampeo
  • Introdución a espazos naturais
  • Etc

Principais destinos en Galicia

DSC_1552Desde calquera cidade galega, particularmente desde a súa capital, Santiago de Compostela, é posible acceder en pouco tempo ás mellores áreas en Galicia para a observación de aves e outra fauna. Velaquí algunhas das nosas propostas.

_DSC1907

Zonas húmidas e litoral

Intermareal Umia- O Grove

Ría de Ortigueira e Estaca de Bares

Parque Natural de Corrubedo

Costa da Morte

Lagoa de Louro / marismas de Carnota

Rías de Ribadeo e Foz.

A Guarda /Esteiro do río Miño.

Parque Nacional das Illas Atlánticas

InteriorDSCN0753

Serra de Ancares

Serra do Caurel

Serra da Enciña da Lastra

Macizo Central Ourensán

Cañón do Sil / Ribeira Sacra

Canón do ró Bibei

A Terra Cha

A Limia

Calvos de Randín e Baltar

Oímbra, Monterrei e Verín

Serra do Xistral

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies