Habitaq Estratexias | Desenvolvemento
15688
page-template-default,page,page-id-15688,ajax_fade,page_not_loaded,,qode-child-theme-ver-1.0.0,qode-theme-ver-9.4.1,wpb-js-composer js-comp-ver-4.12,vc_responsive
 

Desenvolvemento

As políticas de desenvolvemento local emerxeron en Europa nos anos 80 nun contexto marcado polo estancamento económico e altas taxas de desemprego. Hoxe en día volven a ser máis necesarias que nunca nun contexto de crise, en cuia resolución as PEMEs e a movilización do potencial produtivo  dos territorios será clave.

A Estratexia do desenvolvemento debe estar dirixida á acadar o maior artellamento produtivo interno das economías territoriais, a fin de transcender os insuficiente niveis de desenvolvemento e o desartellamento sectorial interno. A vinculación externa das diferentes economías territoriais terá así unha base segura de sustencación das actividades nas cales se acaden vantaxes competitivas en segmentos ou nichos de mercado internacionais.

Mediante ese artellamento interno lógranse difundir os impactos do crecemento económico, beneficiando ao conxunto da sociedade.

En Habitaq estratexias contamos cunha longa experiencia práctica e docente en políticas de desenvolvemento local.

Liñas de servizo

 

Plans de desenvolvemento local ou rural.

Estudos socio-económicos.

Medición do impacto económico e social de políticas e programas.

Creación de hortas urbanas.

Identificación de alternativas locais de emprego.

Estudos de xénero.

Procesos participativos.

Formación en todas as áreas anteriormente citadas.

Cooperación ao desenvolvemento

En Habitaq dispoñemos de ampla experiencia en cooperación ao desenvolvemento dende 1998, de xeito particular en latinoamérica. Temos traballado na identificación de proxectos en Bolivia e Perú, na coordinación de programas de cooperación cofinanciados pola UE e a Xunta de Galicia, en Bolivia; na avaliación de proxectos de cooperación, en Perú e Centroamérica, abranguendo todos os 7  países da rexión: El Salvador, Honduras, Guatemala, Nicaragua, Belice, Costa Rica e Panamá. Neste último caso os proxectos a avaliar centráronse en proxectos de cooperación pesqueira.

Traballamos en cooperación coas entidades locais, particularmente coas ONGs locais e administración, empregamos o marco lóxico e os procesos participativos como eixos das nosas metodoloxías, e en colaboración coas comunidades locais.

 

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies