Habitaq Estratexias | Turismo
15685
page-template-default,page,page-id-15685,ajax_fade,page_not_loaded,,qode-child-theme-ver-1.0.0,qode-theme-ver-9.4.1,wpb-js-composer js-comp-ver-4.12,vc_responsive
 

Turismo

O mercado turístico ten medrado ate acadar os 1.000 millóns de turistas internacionais. O volume deste mercado e a diversidade de recursos cos que se pode participar nesta actividade (naturais, patrimoniais, culturais, gastronómicos, etc), a multiplicidade de formas de despregalos, as enormes posibilidades de combinación, fan que resulte un sector moi apreciable para o desenvolvemento e a mellora do benestar dos territorios. Sen embargo, proporcional ás oportunidades e á competencia.

Se todo territorio pode constituír un destino, todo territorio pode constituír un competidor. As novas tecnoloxías da comunicación teñen ampliado por igual as oportunidades e a competencia. A solo un clic temos ao noso alcance destinos de todo o mundo.

É, por tanto, cada vez máis necesario o desenvolvemento de políticas activas, precisas e innovadoras que permitan a realización do potencial turístico do destino e a mellora das rendas xeradas.

A experiencia nacional e internacional de Habitaq, a nosa vocación de traballo sobre o terreo e cos actores locais e elevada dedicación a cada proxecto constitúen as bases da nosa oferta.

Liñas de servizo

 Planificación estratéxica do turismo, Plans de dinamización/competitividade turística

Estudos de dinamización do sector turístico

Estudos de demanda e perfil do turista

Deseño de produtos turísticos

Estudos de impacto económico do turismo

Avaliación de políticas turísticas

Deseño de roteiros

Formación

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies